miércoles, 7 de agosto de 2013

RELIGIOSA, LA MANTIS

¿Qué vos diréi que xa non saibades da MANTIS RELIXIOSA?

 ¿Que a súa cor ou tonalidade depende da vexetación: más verde se a herba está verde, máis clara, castaña e aínda branca se é un verán seco?
 ¿Que é o ÚNICO ANIMAL que ten un só oído?
 ¿Que da súa OOTECA saen as mantiñas xa coma " minyo" do adulto, coa mesma forma=
¿Que é depredador de múltiples insectos "dañinos"?

Non, non vos digo nada, porque da SantaTeresiña xa todo o mundo sabe case que todo?

lunes, 29 de julio de 2013

PODALIRIO: Iphiclides feisthamelii
  O nome “común” que máis ben me parece a min para esta preciosa volvoreta é o de “PODALIRIO”, fermosa palabra de musical resonancia, moi acorde cá do galego e con reminiscencias e significados mitolóxicos tamén moi suxerentes. Dito sexa coa reserva que hai que ter para os nomes “comúns” de tantos animáis e prantas: o común é que o común dos mortáis ignore os nomes comúns dos animáis e prantas máis comúns da súa propia localidade, ¿ou non?
Ben, négome a describir o aspecto deste maravilla da Natureza, porque máis vale unha imaxe que mil palabras.
Nos campos e montes muradáns non é raro ver esta fermosura nos días máis soleados de Xulio, aínda que o máis fácil é voltar do paseo sen vela, que é unha especie con escasa poboación.
Ten un elegante voo tipo “parapente”, por eso os días de moita calor son os máis apropiados: as correntes térmicas axudan a planear á súa elegante mais pesada figura.

Si procede dicir que é a máis grande das volvoretas muradáns e unha das maiores de toda Europa, chegando a femia aos 8 cm de envergadura.
E tamén dicir que o macho ten o comportamento “hilltopping” (¡toma palabro!): voan ó alto da “colina” e alí compiten por voar por riba de todos, á espera das femias, que escollerán aos que máis alto voen, seguras de que terán os mellares xens. O que non se sabe é ónde estudian Xenética elas, eu non as vin na facultade e o catedrático de Artrópodos dicía que os bichos non saben Bioloxía, polo que hai que contar con velos facer cousas moi raras. Pero vese que saber, ben saben o que fan.


A eiruga, grande e verde, gusta das follas do abruñeiro, cereixeira, pereira, mazanceira e outras rosáceas, tanto cultivadas coma silvestres.
Ten dúas xeneracións ao ano: a que nace en outono hiverna en forma de “pupa” deica a primavera seguinte e no verán voa a súa descendencia. Eso leín, o certo é que só as vexo no verán.
Pertence a Podalirio ao grupo dos Lepidópteros “ditrisios”: as femias teñen dúas aberturas sexuais: unha para se aparear e outra para realiza-la posta. O certo é que non é unha rareza: case que o 98% das especies de lepidópteros son ditrisios. (se nós fósemos lepidópteros, non seríamos ditrisios) 

miércoles, 10 de julio de 2013

PIMPINELA ESCARLATA

Anagallis arvensis
Familia PRIMULACEAS

  Es una planta poco común e interesante. Sus flores se cierran al mediodía, lo que da origen a uno de sus nombres en inglés: “John-go-to-bed-at-noon”, que significa literalmente “Juan ve a dormir al mediodía”, aunque en español no se la conoce con ese nombre.

 También se cierran rápidamente cuando el cielo se nubla o si está por llover, así que también se le conoce en inglés con el nombre “Poorman’s Barometer”, que literalmente significa “barómetro del hombre pobre” (en español no se la conoce con este nombre). La especie puede tener flores rojas y azules, siendo las primeras más comunes al sur de Europa y las últimas más comunes en el norte. Según herboristas de Europa central, la variedad con flores rojas es particularmente buena para los hombres, mientras que las plantas de flores azules son más adecuadas para las mujeres. Sin embargo, investigaciones realizadas han mostrado que los brotes contienen saponinas tóxicas y las raíces ciclaminos. Las personas de piel sensible pueden tener reacciones simplemente por tocar la planta.

Toda la planta es tóxica, especialmente las semillas, y es un veneno para los mamíferos, incluido el humano : contiene saponósidos con acción hemolítica, irritante de las mucosas digestivas y respiratorias. A dosis mayores produce temblor, diarrea y una fuerte diuresis.

viernes, 5 de julio de 2013

¡GLADIOLO!!!!!!!!

Esta sí que es rara flor esteirana. Pero rara, rara. Es rara incluso en cualquier punto de Galicia.
Nunca había visto una planta de esta flor. Asi que non vou dicir aquí dónde se atopa. Non porque non me fíe dos meus lectores, pero porque non me fío do demo.
Bonitiña coma ela sóa, mirade si no:
Gladiolus communis (pero de comunis, nada, non por estas beiramares)

jueves, 4 de julio de 2013

Ornithopus compressus

Nome común (que ninguén dos común sabe): SERRADELA

 Ésta, ésta es la les gusta a los grillos


miércoles, 26 de junio de 2013

Verbascum thapsus

Rara. Este exemplar é o primeiro do ano en Esteiro, non se verán moitos máis.

E bienal: no seu primeiro ano é só un conxunto de grandes follas no chan. No segundo é cando lle medra un longo talo (¡de ata 2 m!) no que lle nacen as froles, coma se ve nas fotos.

Disque se usaba, en infusión, para combate-la tos. E máis para emponzoña-la auga e pescar os peises intoxicados.
A súa Familia é a das ESCROFULARIÁCEAS

martes, 25 de junio de 2013

ALECRÍN

Ulex europeus
Alecrín, alecrín dourado...









Toxos tan arbóreos coma éstes non se atopan en ningures... agás en ESTEIRO