lunes, 29 de julio de 2013

PODALIRIO: Iphiclides feisthamelii
  O nome “común” que máis ben me parece a min para esta preciosa volvoreta é o de “PODALIRIO”, fermosa palabra de musical resonancia, moi acorde cá do galego e con reminiscencias e significados mitolóxicos tamén moi suxerentes. Dito sexa coa reserva que hai que ter para os nomes “comúns” de tantos animáis e prantas: o común é que o común dos mortáis ignore os nomes comúns dos animáis e prantas máis comúns da súa propia localidade, ¿ou non?
Ben, négome a describir o aspecto deste maravilla da Natureza, porque máis vale unha imaxe que mil palabras.
Nos campos e montes muradáns non é raro ver esta fermosura nos días máis soleados de Xulio, aínda que o máis fácil é voltar do paseo sen vela, que é unha especie con escasa poboación.
Ten un elegante voo tipo “parapente”, por eso os días de moita calor son os máis apropiados: as correntes térmicas axudan a planear á súa elegante mais pesada figura.

Si procede dicir que é a máis grande das volvoretas muradáns e unha das maiores de toda Europa, chegando a femia aos 8 cm de envergadura.
E tamén dicir que o macho ten o comportamento “hilltopping” (¡toma palabro!): voan ó alto da “colina” e alí compiten por voar por riba de todos, á espera das femias, que escollerán aos que máis alto voen, seguras de que terán os mellares xens. O que non se sabe é ónde estudian Xenética elas, eu non as vin na facultade e o catedrático de Artrópodos dicía que os bichos non saben Bioloxía, polo que hai que contar con velos facer cousas moi raras. Pero vese que saber, ben saben o que fan.


A eiruga, grande e verde, gusta das follas do abruñeiro, cereixeira, pereira, mazanceira e outras rosáceas, tanto cultivadas coma silvestres.
Ten dúas xeneracións ao ano: a que nace en outono hiverna en forma de “pupa” deica a primavera seguinte e no verán voa a súa descendencia. Eso leín, o certo é que só as vexo no verán.
Pertence a Podalirio ao grupo dos Lepidópteros “ditrisios”: as femias teñen dúas aberturas sexuais: unha para se aparear e outra para realiza-la posta. O certo é que non é unha rareza: case que o 98% das especies de lepidópteros son ditrisios. (se nós fósemos lepidópteros, non seríamos ditrisios) 

1 comentario:

  1. Pues por aquí, por mi cas la llamamos Mari Pili y hasta que no llega ella no llega el verano.
    Saludos

    ResponderEliminar